viernes, 7 de febrero de 2014

Tema 2 Compartir recursos

Compartir recursos en Windows
O xeito máis rápido de compartir un elemento é mediante o novo menú Compartir con. As opcións que se poden ver dependen do arquivo que se está a compartir e do tipo de rede á cal está conectado o equipo, o grupo no fogar, o grupo de traballo ou o dominio. Para poder compartir os recursos en rede é necesario que na configuración da rede de área local esté activada a casilla Compartir impresoras e arquivos. Para isto, dentro de Conexiones de rede, facer clic co botón dereito do ratón sobre Conexión de área local para ver as súas propiedades.
Compartir carpetas e discos
Para compartir carpetas e discos os pasos son similares:
1. Pulsar o botón dereito do ratón sobre o que se vai compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que esté activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquer caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
 - Na compartición simple, pódese activar a casilla Permitir que os usuarios da rede cambien meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede: de no marcala solo podrá ser leída ou copiada, non modificada.
 - Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asinar os permisos aos distintos usuarios.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios surtan efecto.
Ao compartir unha carpeta aparece baixo ela unha mano Fotos. Este é o símbolo que identifica ás carpetas compartidas.

Compartir impresoras
No equipo con impresora
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e faxes.
2. Pulsar o botón dereito do ratón sobre o icono da impresora e seleccionar a opción Compartir.
3. Activar a casilla Compartir impresora.
4. Presionar en Aplicar e Aceptar.
5. Visualizarase un icono dunha impresora.

No resto de equipos
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e faxes.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que solamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3. Visualizarase un icono dunha impresora.

Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos
É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operativos instalados. Esto conséguese grazas á aplicación SAMBA de Linux.
• Dende Windows, áccedese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Entorno de rede e navegando polos diferentes recursos.
• Dende Linux, para ver as carpetas compartidas noutros ordenadores da rede hay que usar o icono Rede disponible entre as aplicacións do equipo. Os recursos que comparten os equipos con Windows son accesibles facendo clic no icono Rede de Windows.



Texto que ten que ver
Dende o punto de vista das redes de computadoras, compartir recursos informáticos, implica configurar unha rede de tal maneira que as computadoras que a constitúen, poidan utilizar recursos das restantes computadoras empregando a rede como medio de comunicación. Poden compartirse todo tipo de recursos, os máis habituais adoitan ser impresoras, discos ríxidos, e acceso a internet.
Dende o punto de vista do hardware, compartir recursos fai referencia ao uso dun hardware por dous ou máis dispositivos ou un ou máis programas dentro dun sistema operativo. En xeral, todos os programas ou dispositivos deben compartir os recursos da computadora entre si, pola contra, non poderían executarse dous programas ao mesmo tempo, nin usar dous dispositivos á mesma vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario