lunes, 17 de febrero de 2014

Tema 2 Conexións entre dispositivos móbiles

Dispositivos móbiles

Un dispositivo móbil pódese definir como un aparato de pequeno tamaño, con

algunhas capacidades de procesamento, con conexión permanente ou intermitente a unha

rede, con memoria limitada, que foi deseñado especificamente para unha función,

pero que pode levar a cabo outras funcións máis xerais. De acordo con esta
definición existen multitude de dispositivos móbiles, dende os reprodutores de audio
portátiles ata os navegadores GPS, pasando polos teléfonos móbiles, os PDAs ou
os Tablet PCs. Neste traballo centrarémonos fundamentalmente nos teléfonos
móbiles e nos PDAs por ser os tipos de dispositivos máis utilizados e coñecidos en
a actualidade, os que ofrecen maior variedade de aplicacións multimedia e os que
máis posibilidades de evolución presentan neste sentido. Os avances tecnolóxicos na miniaturización de dispositivos e a evolución das redes inalámbricas han levado cada vez máis á integración na nosa sociedade de dispositivos informáticos pequenos e portátiles. Estos dispositivos caracterízanse por ser móviles, tendo capacidade de procesamento e comunicación en rede, polo que as posibilidades que ofrecen son practicamente infinitaa: vixilancia, telefonía, música, fotos, vídeo, etc.. en calquer momento e lugar.

Entre os dispositivos móbiles inclúense:
- Odenadores portátiles.
- Dispositivos de man (handheld), como teléfonos móbiles, asistentes dixitais personais (PDA), gps, videocámaras, etc.
- Dispositivos que se poden levar postos, como reloxos dixitais con funcionalidades semellantes á dos PDA, prendas de vestir como tecnoloxía implantada, sensores, etc.+

A facilidade de transporte de moitos destes dispositivos, xunto coa súa capacidade para conectarse adecuadamente a redes en diferentes lugares, fai posible a computación móbil e ubicua.
Dispositivos móbiles

Computación móbil e ubicua
  • A computación móbil é un termo utilizado para describir o uso de computadoras sen a necesidade de estar conectadas a unha rede, xa sexa por raio, satélite, etc. Chámase así á realización de tareas informáticas mentras o usuario está en movemento ou en lugares distintos de seu entorno habitual. Isto permite que os usuarios poidan acceder a internet ou incluso a súa intranet (de casa ou do traballo) dende calquer lugar e poden imprimir utilizando a impresora máis cercana. Unha das características esenciais para o uso de dispositivos móbiles é a súa conexión fácil á rede local mediante enlaces inalámbricos que poden manterse aínda que haxa movemento (trens, barcos, etc.). Un dispositivo colocado nun novo entorno reconfigúrase automaticamente e sen intervención do usuario. Por exemplo, un teléfono móbil detecta de forma automática a nova rede ao viaxar ao outro país.
  • Computación ubicua é entendida como a integración da informática no ámbito da persoa, de forma que os ordenadores non se perciban como obxectos diferenciados. Por exemplo, é posible ver a imaxe da cámara de vixilancia no móbil, o recibir un aviso cando a lavadora termina.
Computación móbil e ubicua

Tipos de conexión inalámbrica
A conexión dos dispositivos móbiles necesita redes de comunicación inalámbricas (wireless networks). Existen diversas tecnoloxías de comunicacións inalámbricas. Algunhas das máis utilizadas son:
  • Redes Wi-Fi, son redes de área local inalámbrica para la conexión de ordenadores.
  • Redes WiMAX, son redes de área metropolitana (uns 50km) que permiten a conexión por banda ancha de alta velocidade.
  • Redes ad-hoc, permiten a conexión directa de dispositivos entre sí, sen necesidade de dispoñer dun punto de acceso que centralice a xestión das comunicacións inalámbricas de rede.
  • Comunicación WAP, para comunicacións inalámbricas por telefonía móbil.
  • Redes por infravermellos (IV), permiten a comunicación entre dous dispositivos, visibles entre sí, usando ondas infravermellas.
  • BlueTooth, utilízase para a conexión inalámbrica de corto alcance (10 metros). Esta tecnoloxías a inclúen diversos dispositivos como teclados, iPod, móbiles,impresoras, PDA, cámaras dixitais, auriculares, etc., para intercambiar información.
Tipos de conexións inalámbricas

Adaptadores USB
Para convertir algúns dispositivos como PC, portátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha tarxeta inalámbrica ou un adaptador USB. A ventaxa dos adaptadores USB é que non necesitan montaxe, simplemente conectar o adaptador nun porto USB.

USB

Blackberry
É un dispositivo handheld inalámbrico co que se poden utilizar os servizos de correo electrónico, telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos de información inalámbricos.

BlackBerry











No hay comentarios:

Publicar un comentario