viernes, 17 de enero de 2014

Tema 2 Creación de redes locais

Dispositivos de interconexión
Os dispositivos necesarios para poder interconectar todos os equipos, formando unha rede de área local, variarán en función das características da rede. Os máis comúns son:
• Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
  - Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable.
  - WiFi. Son tarxetas inalámbricas que permiten conectar o ordenador á rede a través de ondas. Pódese utilizar a de calquer fabricante sempre que cumpla os estándares.
Os portátiles, normalmente, veñen equipados con ambas.
• Concentradores. Os concentradores son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para iso dispoñen de portos con conectores RJ-45. Poden ser:
  - Hub. É o máis básico e úsase en redes pequenas. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede. O ordenador destinatario recibe a información e o resto a omiten.
  - Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma ''intelixente'', xa que solamente envía os datos ao equipo destinatario.
• Puntos de acceso. Teñen a mesma funcionalidade que os hub ou switch, pero sustituyen os cabres por ondas.
• Router. O máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre si, establecer a conexión a internet, etc. Si o router é inalámbrico é posible conectarse directamente cos equipos sen necesidade de concentradores ou cableado.
• Cables de rede. Aunque existen varios tipos, os máis utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable internamente por oito hilos conductores que encóntranse trenzados de dous en dous.
Cando se trata de redes con requerimentos de altas velocidades recúrrese a cable e dispositivos de fibra óptica.

Router

Cabre de par trenzado













Instalación e configuración de dispositivos.
A instalación e configuración dos dispositivos de interconexión é moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
• Tarxetas de rede. Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta en unha das rañuras de expansión dispoñibles. É necesario instalar os drivers da tarxeta no equipo; para iso, teremos que seguir os pasos que facilita o proveedor utilizando o disco de instalación.
• Concentradores. Non requiren configuración e basta con conectalos á corrente eléctrica para que realicen a súa función.
• Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador.
• Router. Ha de ser configurado cos parámetros do proveedor de internet. Normalmente ven configurado. Se é inalámbrico é conveniente asegurarse de que a rede inalámbrica teña a seguridade habilitada para impedir que outros usuarios teñan aceso.
• Cableado. Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router. Hai que ter certas precaucións na súa instalación como non doblar o cabre, non fixalo á parede con material que poida danalo, etc.

Tarxeta de rede



Conexión dos compoñentes.
Actualmente a maioría das redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estructura coñécese como topoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador.
Un dos equipos desta rede pode actuar coma servidor de impresión, servidor de correo, etc.
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet. Esto convirte esta rede de área local nunha intranet.
Para crear subredes ou ampliar a rede é posible conectar concentradores entre sí utilizando un porto especial que dispoña para iso.

Conexión dos compoñentes



Redes mixtas.
É posible crear unha rede mixta con equipos cableados e equipos inalámbricos.
Para iso utilízase un punto de aceso inalámbrico. Este punto permite conectar ambos tipos de redes. É moi útil para conectar un pórtatil ou equipo alexado a unha rede cableada.

Redes mixtas


No hay comentarios:

Publicar un comentario